You are on page 1of 8

Cartas de inverno

Agustn Fernndez Paz


XERAIS

FICHA

TCNICA

Ttulo: Cartas de inverno Autor: Agustn Fernndez Paz Editorial: Edicins Xerais de Galicia Coleccin: Fra de Xogo N pxinas: 128 / 13 edicin ISBN: 84-7507-890-7 PREMIO RAOLAS 1995

AUTOR

AGUSTN FERNNDEZ PAZ pode considerarse un dos mximos expoentes da literatura infantil e xuvenil galega actual. Conta cunha producin ampla e variada, tanto en narracin curta como en novela, e moitos dos seus libros estn traducidos a outras linguas. Acadou premios de grande prestixio neste campo: Merln 1989 por As flores radiactivas. Edeb 1994 con Trece anos de Branca. Lazarillo 1990 con Contos por palabras. Premio Raolas 1995 co libro que nos ocupa, Cartas de inverno. Premio Raa Lupa 1998 por Cos ps no aire. Premio Barco de Vapor 2003 por O meu nome Skywalker. Formou parte da Lista de Honor de IBBY e da Lista de Honor da CCEI en mis dunha ocasin. Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil. Nado na Terra Ch en 1947, traballa na comarca de Ferrol e, posteriormente, en Vigo, no campo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fronte de movementos de renovacin pedagxica como Avantar e Nova Escola Galega. Estudioso da literatura infantil e xuvenil galega, as coma do cmic, ten infludo na divulgacin e prestixio destes campos. Tampouco debemos esquecer a sa achega na galeguizacin educativa.

ARGUMENTO
Despois dunha longa estada en Quebec, o escritor galego de sona Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrin lle escribira na sa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraos sucesos que est a vivir Adrin na sa nova casa e que levan a Xabier a acudir na sa axuda. Pero al, na vella casa colonial, os dous amigos tern que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin sequera somos capaces de imaxinar. Vai de cartas. As que Tareixa Louzao recibe de seu irmn, Xabier, co encargo de que llas entregue ao Inspector Soutullo se non ten novas del nun tempo determinado. E cartas, as que antes recibira Xabier do seu amigo Adrin. Finalmente ser Tareixa quen, seguindo as claves que atopa nas cartas de Xabier e as sas propias decisins, rematar para sempre co que se agocha debaixo desa casa misteriosa.

PERSONAXES
TAREIXA. Mdica. Irmn de Xabier, moi unida a el. Adrin o seu amor secreto dende sempre. Muller decidida que coida das lembranzas familiares e se enfrontar finalmente ao perigo que se agacha baixo terra. XABIER. Escritor recoecido. Algns dos seus libros foron convertidos en guins cinematogrficos e a sa obra est traducida a varios idiomas. Parece un home optimista que cre no azar, na amizade, nos amores pasaxeiros e ri de cmo Tareixa garda os recordos familiares. ADRIN. Pintor de xito. Con estudios en varias cidades europeas, realiza exposicins nas salas mis prestixiosas. Considera que os bos momentos de creacin aparecen como rupturas do realizado anteriormente. INSPECTOR SOUTULLO. Home pragmtico ao que coeceu Xabier preparando a ambientacin dunha das sas novelas. Non dubida en acudir na sa axuda cando llo pide Tareixa, pero volve a Vigo renunciando a atopar unha explicacin a tantas preguntas que quedaban sen resposta.

TEMAS

E VALORES

Amizade. a amizade a que une os tres personaxes principais desta historia. Unha amizade que vn de vello pero que se conserva no caso de Xabier e Adrin pasando quince das xuntos cada vern ou acudindo Xabier chamada do seu amigo sen pararse a pensalo sequera. Misterio. De vez en cando imos atopndonos con cousas que non entendemos, detalles que nunca poderemos explicar coma se a realidade se abrira a outra dimensin descoecida para ns que vai quedando a, na marxe. parte dese misterio que sentimos de forma persoal, hai arcanos que parecen estar acompandonos dende sempre: a incgnita dos petroglifos ou das marcas dos vellos canteiros; os castros, mmoas agachados debaixo de montculos polos que pasamos cada da; as historias de mouros, tesouros e lendas que acompaan a determinados lugares; os contos de medo que se contaban a carn do lume nos que aparecan bruxas, enmeigados, esconxuros e defuntos dunha maneira absolutamente natural.

Galicia. Hai unha serie de flashes nos que podemos ir recollendo unha idea de pas. Unha terra na que estn pasando cousas: os bosques autctonos van sendo reemplazados polos forneos, os restos histricos estn feitos unha runa coma todo o que se debe conservar, o misterio segue presente, pois dise que baixo unha capa de modernidade continan as vellas crenzas a pesar de que a luz elctrica pareca ter rematado coa santa compaa. Hai escritores que asumen o idioma e son conscientes de que o xito ou o fracaso non vai estar ligado a que sexa unha lingua minorizada O mundo das artes. Literatura e pintura. Aqu aparecen representadas dunha maneira exitosa que non debera prestarse a enganos pois ser escritor dedicar moito tempo a esa actividade solitaria e de traballo duro, de oficio, e o mesmo pasara coa pintura. Cando os rapaces e rapazas pensan nun artista pdelles vir mente a inauguracin dunha grande exposicin ou a recollida dun premio; sen embargo, a vida desas persoas est moito mis chea de traballo que dun recoecemento que moitos deles non conseguirn en vida. Querer ser director de cine non recoller o scar senn intentar ser moi bo no oficio, contar cunha creatividade que lle permita facer achegas orixinais e que o azar lle bote unha man!

ACTIVIDADES

A REALIZAR

ANTES DA LECTURA: Que pensamos que se pode ocultar detrs deste ttulo? Este ttulo, recrdache algn outro? Se miramos a portada, esa foto pode achegarnos algn dato que nos axude a adiviar de qu vai o libro. Se ademais lemos a contracapa, xa podemos ir adiantando unha historia. Leamos a cita de Lovecraft que abre o libro e tentemos explicala.

DURANTE A LECTURA: Localicemos os diferentes lugares que aparecen no texto. Situemos temporalmente a novela. Respondamos s preguntas: A que chamaba Xabier o panten das lembranzas familiares? Que libros de Xabier aparecen citados na novela? Que e onde estudiaron Xabier e Adrin? Que lugares relacionados coa arte aparecen citados na novela? Onde tia a sa residencia Adrin? Que ser o Pen Club? Que un axente editorial? A que pode ser debido que o bar de Doroa se chame Stutgart? Quen eran os Beatles? Que son fenmenos paranormais? Por que Xabier considera inslita a situacin da casa mercada por Adrin? En que consiste a tcnica do gravado? Que famosos gravadores aparecen citados no texto? En que momentos pasastes medo? Unha casa de indianos, colonial, inspirada nas construcins americanas. Con torren cuadrangular, galera lateral e ampla terraza na parte de atrs cunha balaustrada orixinalsima. Pintada en branco e ocre. Conservada. Xardn dianteiro e horta rodeada cun muro de pedra. Contina ti a descricin da casa. Esta unha historia perfecta para ir parando de vez en cando a lectura e adiantarse ao que vai vir, facendo conxecturas, adiviando qu pasar e observando a diferencia coa maneira na que realmente se desenvolve a accin. Os protagonistas masculinos da novela son artistas: un escritor e un pintor famoso. Podemos elixir qu nos gustara ser de cumprirse tdolos nosos obxectivos artsticos, tal e como parece terlle pasado a eles. Faremos unha descricin desa situacin ideal e, a continuacin, colocar-

monos por parellas, de maneira que cada un ler o traballo do outro para saber de quen se trata e entrevistarao. Logo cambiaremos os papeis. Xabier di que o xito non s llo debe sa arte como escritor, senn tamn ao azar. A que lle chama azar no seu caso? Cita algn escritor galego que tea algn relato levado ao cine. Xabier non est de acordo co que se lle dica en relacin ao idioma que publicando en galego estaba pechndome fronteiras, que escribir nun idioma minoritario era un labor intil. Que pensades vs ao respecto? Cal o teu pintor ou pintora favorito/a? Flanos del ou dela e presntanos algunha das sas obras. E o escritor ou escritora que mis che gusta? Fai o mesmo. Tareixa mdica. Nese campo resultar menos doada a fama, pero non todos queremos ser artistas. Pensemos na profesin que nos gustara e fagamos unha redaccin co ttulo Eu de maior quero ser A actitude fronte ao misterio. Xabier la as novelas de Lovecraft pensando que aquilo que se narraba non poda ser real; Tareixa non quen de rematalas porque sente medo, tal vez por un certo temor a que non sexa s ficcin. Que opinades vs ao respecto? Tareixa sente unha presencia escura que non sabera explicar preto dela; algo invisible unha sensacin de perigo Pasouche algunha vez? Adrin, cando confesa o seu medo, lembra os relatos que escoitaba de neno na casa de sa avoa, naquelas noites nas que se xuntaban ao redor da cocia, e non pode evitar un calafro, quizais porque anda garda a lembranza do terror que lle invada cando os maiores o mandaban cama e tia que subir s as escaleiras que levaban ao sobrado En que ocasins pasaches medo? Cntaas! Misterios: Onde estaba o coche de Adrin cando chega Xabier? Como aparecen, logo, os dous coches? Quen fai as obras na casa para que, cando chega Xabier, todo estea de novo no seu sitio? Seguro que hai mis O anuncio no xornal da casa enmeigada o comezo da historia. Iso tamn pasaba noutro libro deste autor. Lembras cal era? Realmente nos xornais aparecen anuncios estraos. Buscdeos e ideade historias a partir deles. Tamn podedes redactalos vs. Sabas que en Santiago haba, ata hai ben pouco, unha casa encantada? Un lugar tomado por okupas que realizaban actividades culturais no barrio. Seriades capaces de atopar informacin sobre este feito real? Onde e como? s veces as apostas tamn dan lugar a historias Preguntade por algunha aposta que lles chamara a atencin xente que coezades. De non atopala, sempre podedes inventala. Os escritores, por veces, introducen personaxes reais nas sas historias, por exemplo, Antn Risco; o profesor que o convida Universidade canadiense fillo dun escritor galego da Xeracin Ns. Saberas dicir de quen? Fai os debuxos dos gravados que vai atopando Adrin no libro e que fotografa para demostrar a sa existencia. Seriamos quen de adiviar a que pintura famosa se parece o primeiro gravado? Di Xabier: a curiosidade puido mis ca min e, coma a muller de Lot, volvn abrir o libro pola pxina fatdica. Lembremos esa historia bblica. Xabier recorda os sacrificios con lume purificador coma o de Abraham e a silveira ardendo. Recordmolos ns tamn. Sntome coma os marieiros do barco de Ulises ante os cantos das sereas. Pero eu esquecn a cera para os meus odos, e tampouco hai cordas que me aten a un mastro salvador. Vaiamos Odisea a repasar esa aventura da viaxe de Ulises. Ao longo do relato, unha e outra vez aparece a dbida de que haxa algun que lles estea querendo tomar o pelo, facerlles unha brincadeira e isto retrasa a consciencia do que est pasando. Sucedeuche isto algunha vez? Dubidaches de se o que estaba pasando era algo provocado ou a realidade non intervida? Cntanolo! Tareixa pasea pola zona das Croas, buscando os restos dun sepultado castro celta. un lugar no que os vecios sitan lendas, e algunha destas historias pareca gardar relacin co lugar no que estivera a casa Seguro que sodes quen de recoller algunha lenda relacionada con lugares que coecedes. Convertmonos en detectives privados cunha certa especialidade en fenmenos paranormais. Desta maneira poderemos adiantar conxecturas acerca dos segredos desa casa que parece enmeigada.

Trtase de ir xuntando pistas e discutndoas por grupos. Logo faremos unha posta en comn para ir chegando a descubrir os enigmas, ou simplemente achegndonos a certas explicacins. Adrin e Xabier xogan coa posibilidade de sar dese pesadelo que parecen vivir dentro da casa e volver ao mundo real, pero ningn deles o far. Como abandonar a quen lle pide axuda anda que saiban que esa a sa condena? Que opinamos ao respecto? coma se o mal soubese cmo tia que xogar con cada un deles e eles respondesen xustamente tal e como se esperaba, ou non? Os primeiros vestixios de que algo pasa xorden a travs do telfono e o fax, logo a aparicin do libro co gravado no que se representa a paisaxe que se ve dende a casa, ese gravado sen numerar e que vai cambiando ata o punto de chegar a ver o movemento nesa porta que se pecha. Este pode ser un recurso interesante, unha ilustracin en relacin directa coa realidade. Lembras outros libros nos que atoparas este recurso? Tamn podedes inventar vs unha historia xogando con isto. Se algun est agora lendo estas pxinas como comeza Xabier a explicacin do acontecido. Pode ser unha boa maneira de empezar un relato. Intntao! Reptese a historia. Xabier volve cometer os erros de Adrin pero, de algunha maneira, cambia algo. A que nos estariamos referindo? Que lle puido pasar a Tareixa? Unha adolescente pide axuda a travs do gravado, quen lla vai negar?, pero Xabier confirma cos seus ollos fixos en min, e cunha expresin que a primeira vista pareca suplicante, pero na que crin percibir un aquel de maldade. Nas pelculas de terror, en mis dunha ocasin se ten xogado con nenos e seres moi vulnerables para atraer s vctimas. Revisemos se isto as. Algo que desafa as regras lxicas e a mentalidade racional. Que sabemos disto? Tmonos enfrontado nalgunha ocasin a fenmenos deste tipo? Expliqumonos! O mar empezaba a ser s unha mancha no horizonte. unha bonita maneira de dicirnos que nos afastamos do mar. Xoguemos a crear frases as. A casa coma un imn que non me deixa marchar. Unha forza que o chama e o empuxa a entrar na escura cripta sobre a que se asenta a casa. Atrado coma un ferro dominado por un potente imn. O medo a algo que vai pasar e non sabemos qu e, ao mesmo tempo, a incapacidade para fuxir. Algunha vez sentiches este tipo de sensacin? Prodcese un incendio que supoemos provocado por Xabier e quimase a casa. Vistes algunha vez unha casa queimada? Que sensacin vos produciu? A trapela de ferro encaixada no chan de cemento coa gravura do labirinto de Mogor. De a, via un fedor acedo e nauseabundo que suxera a existencia de realidades inhumanas e espantosas. Inventmolas, xogando como fai o autor cos diferentes sentidos! Na ltima carta de Adrin, escrita nun cartn, avsao de que se vaia e flalle de cmo el est perdido, convertido en algo que non pode explicar. Fala do que queda del un vulto repulsivo, uns ollos brillantes que parecan transmitir todo o horror que un humano capaz de concibir: teras que ver o que eu vin, teras que saber o que hai aqu abaixo. Que pode ser? Sigamos a crear! Di Adrin que a Santa Compaa desapareceu coa chegada da luz elctrica Por que se dir iso? Recllese o debuxo das figuras que hai gravadas sobre as portas das habitacins e vemos que lembran os petroglifos prehistricos. Tamn se fala dos petroglifos da Pena Moura. Seguro que preto de onde vivides hai algn. Explicade canto saibades deles e traede algunha foto ou debuxo. Xunguir o misterio ou o terror a elementos autctonos, que poden ter que ver con restos arqueolxicos dos que sabemos pouco, con enterramentos antigos, con signos estraos unha moi boa opcin por parte do autor. Desa maneira, orixinal no tratamento e non estar copiando elementos que teen a sa orixe noutras culturas e que a ns non nos asustan porque nos son alleos. Ocrreseche algn outro co que ti xogaras nunha historia deste tipo? Gracias a Tareixa parece que a maldicin que se agochaba na casa est definitivamente vencida, nunca mis ningunha persoa ter que enfrontarse a aquel horror. Xa ves que en ningn momento se nos aclara cl ser ese espanto. Que para ti a ameaza mis terrible? Descrbea. O silencio dos vecios arredor da casa. Adrin s se atopa con evasivas Calan e unha sombra de medo psalles polos ollos. S un borracho lle falou de misteriosas desaparicins, estraos rudos nocturnos, algo sobre unha sombra negra e adiantou que era coma se tragara a terra aos habitantes da casa Por que cre que non opinan os vecios? Que pensarn? Parceche normal que isto sexa as?

Escribe Xabier: Porque daquela morea de cartas, a maiora eran folletos publicitarios ou notificacins bancarias; vendo tal morea de papeis non era difcil adiviar quen eran os verdadeiros responsables da deforestacin mundial. Quen cres ti que o son? Como contribumos ns a esa traxedia? Por debaixo da modernidade segue vivo o sistema de crenzas deste pobo, confirman os amigos. Que pensamos disto? En que notamos que as antigas crenzas seguen vixentes? Por que se nos relaciona aos galegos co esconxuro da queimada e co dito de que ver non as vemos pero bruxas hainas? No texto flase de que observando a beleza da paisaxe pdese entender o sentimento pantesta, que o home destas terras conserva. Explicdeo e vede se vs tamn o sentides dalgunha maneira. No ltimo libro, Xabier tentaba contar a alarmante perda de identidade da xente deste pas, en clave de humor. Pensade nalgunha ancdota, nalgn feito que observarades e realizade un relato. Contemos algo que podera ser un chiste: Sabes o que lle pasou a Fulano? Anda negro! E logo? Descubrronlle un castro na leira da nsua. Que se lle vai facer unha desgracia psalle a calquera. En vista do lido, entenderemos a valoracin que se fai dos restos arqueolxicos ou dos obxectos artsticos. Sabemos dalgn caso no que se destruron castros sabendo que estaban a? Ou se perderon fontes, lavadoiros, cruceiros? O vello torren dos Andrade estaba completamente desfeito, como a maior parte das cousas que pagara a pena conservar neste pas. Facede un estudio, no voso medio, observando qu o que debera ser conservado e non o est. A igrexa parroquial era unha excelente mostra do romnico popular galego. Estudiemos as obras de arte que teamos mis prximas para facernos conscientes do seu valor. Contemplou os montes do arredor, inzados de pinos e eucaliptos, malia que, de cada pouco, unha mancha dun verde mis claro indicaba a presencia dos restos de bosque autctono que anda resistan a invasin. Observemos o noso contorno e vexamos qu queda do bosque autctono, cl foi a razn do cambio de arborado. DESPOIS DA LECTURA: Por que Cartas de inverno e non de vern ou de primavera? Se tiveras que traballar unha historia de medo, en que estacin a situaras?; en que momento do da?; onde? Argumenta as eleccins. Unha vez que rematamos a lectura, podemos facer ese chisco propio dos finais das pelculas de misterio, de forma que quede aberta a posibilidade de que a intriga prosiga e a historia tea continuacin. Fagmolo e busquemos o ttulo desa segunda entrega! Hai historias que aparecen coma fiestras entornadas: o amor de Tareixa por Adrin, as relacins de Adrin con Laura, o que sabe Bieito o do bar e que nunca di Atrveste a escribilas partindo dos datos que aqu se te achegan? Se nos agradou o libro, podemos buscar outros do mesmo autor nos que tamn traballa este xnero, como sucede en Aire negro, Noite de voraces sombras as como en relatos curtos recollidos en Rapazas ou Historias para calquera lugar. Fagamos un monogrfico sobre o autor, unha exposicin coas obras que atopemos remexendo en bibliotecas escolares, pblicas e persoais, nas libreras Podemos repartirnos a sa lectura; logo elaboraremos unha revista con traballos sobre esas obras, faremos presentacins das mesmas, etc. Literatura fantstica e de misterio. Aproximmonos a esta corrente ou xnero literario. Indaguemos cles son as sas caractersticas, qun foron os autores e autoras que mis o traballaron Lovecraft aparece citado varias veces no libro e pode ser unha boa ocasin para que leamos algo del. Na literatura galega hai poucos exemplos desta corrente literaria; anda as, podedes buscar algn libro. Seguro que dades con el! Adrin atopa libros de Cunqueiro, nxel Fole a coleccin de novelias Lar. Ttulos que nos poen en contacto coa literatura galega deste sculo. Baixa para ler Merln e familia e sentimos certa pena de que non volva falarnos desta novela na que Cunqueiro trae vivir a Galicia varios personaxes relacionados co Rei Artur. Probamos a lela e comentala? De interesarnos o ciclo artrico, teremos ocasin de atopar algn outro ttulo coma Irmn, Rei Artur, nesta mesma coleccin. E mis

Pedidos a:

Comercial Grupo Anaya Polgono de Bergondo 1 Travesa - Parcela B1 15.165 Bergondo (A Corua)
Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

XERAIS
Doutor Maran, 12. 36211 Vigo Apartado Postal 1446. 36200 Vigo Telfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80 Te l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6 Correo electrnico: xerais@xerais.es http: //www.xerais.es/

EDICINS XERAIS DE GALICIA


Pilar Sampedro Martnez, 2003 Edicins Xerais de Galicia, S.A., 2003 Depsito legal: VG. 1172-2003

You might also like