You are on page 1of 91

Proel

Proel
LUS AMADO CARBALLO

Texto extrado da Biblioteca Virtual da Real Academia


Galega.
Imaxe da portada: La Gerbe (1953) de Henri Matisse.
This book was produced using PressBooks.com, and PDF
rendering was done by PrinceXML.

Contedos

Limiar

vii

Primeira Parte
A NOSA BANDEIRA

O MADRIGAL - A MARUCHA

SAUDADE

NA OUTA NOITE

12

VERSOS DO MEU SILENZO

14

Segunda Parte
18
SOL-POR

19

iv

NOITE MAREIRA

22

ABRENTE

24

MISA DA MAAN

27

PONTE E RO

30

O FARO

33

ROMAXE

37

A CANDELORIA

40

O GAITEIRO

43

O CEGO

46

O CRUCEIRO

49

FOGUETE

52

LAR

55

ENTERRO

57

Terceira Parte
A MAN DE CORPUS

60

CANZN DO TEMPORAL

62

TABERNA

64

NOCTURNO DE BURGO BAIXO

66

CAMPANAS

68

ALALAS

69

CALOR

71

EPIFANA

72

O QUE MORREU NO MAR

73

SPLEEN

74

CALMA CHICHA

75

BEIRA

76

NOITE

77

GLOGA

78

AFOGADO

79

Colofn

80

Lus Amado Carballo

81

vi

Limiar
Verde canzn alden
Nn refrorecer de verbas
a breixa da emocin nova
quo inteleito peneira.

Na farpa donda da choiva


a mansa nboa mareira
pide esmola s nosas almas

vii

viii Proel

para redimil-a Terra.

(Pol-o vieiro da Galassia


viu a estrela devanceira
que preou o fol da gaita
co vento mol da Proensa).

Apalpe o ollar asisado


lia e cor na Natureza
e deixando o mel no esprito
esbare a espresin certeira.

Primeira Parte

A NOSA
BANDEIRA

AZUL

Os pinos, foguetes verdes;


das suas ponlas pendurado,
chora o ceo estremecido,
do gris inverno amayado.

A NOSA BANDEIRA

BRANCO

Os ledos regueiros,
mozos e algareiros,
van romara
tocando os pandeiros.
Pandeiros de prata,
de breixas, de neve,
vasos cristaios,
onde o da bebe.

ESCUDO

4 Proel

O cliz do sol reverte


roxo sangue do sern.
Sete estrelas, como pombas
que tornan ao seu pombal,
crucifican o silenzo
arredor do Sant-Graal.

O
MADRIGAL
-A
MARUCHA

Cando o da anda a morrer


encol do mar amarelo
e furan os seus salayos
a verde seda do vento

6 Proel

Asomareime aos teus ollos


para ollar o craro ceo.
Os teus ollos namorantes
que gardan a Lua dentro
na lgoa da mia alma
espallarn un luar tpedo.
O meu corazn a festa
repinicara algareiro.
Aos teus beizos frorecidos,
pombal de verbas amantes,
fan romaxe os meus amores
silandeiros e arelantes.
Na fonte da tua boca
bebn as mias saudades.
No abrente da tua alma

O MADRIGAL - A MARUCHA

o paxaro milagreiro
da mia ilusin vagante
aniara no teu peito.
No limiar da tua alma
durmirase un bico tenro.
Recendentes caraveles
no sern da tua faciana
incensan as soedades
quen min deixara a lembranza.
Na cor das tuas meixelas
queimouse a mia aoranza.
Nas tuas mans pensativas
santa almohada dos meus soos.
o meu espritu neno
acchase con arrolo.

8 Proel

Os nardos das tuas mans


tecen meu lrico ensono.
O teu sonrimento neva
docemente no meu peito,
orballando craridades
con maino e levian concento.
Do fondo da mia vida
benzoache o meu silenzo.
A tua voz ateigada
de dourados agarimos,
pendura nas mias mgoas
un resprandor cristaio.
No salgueiro da voz tua,
frorece o meu dor amigo.

SAUDADE

Menia, pecha a fiestra,


non deixes noite entrar;
para tebras ben abondan
estas que comigo van.
O vento anda espenuxado
oubeando como un can,
e na zanfona do bosque
salouca un tolo cantar.
9

10 Proel

Que arelas tan fondas sinto


de deixal-a alma vagar,
de perdel-o corazn
como unha dorna no mar.
Este fondo mal queu teo
ninguien mo pode sandar;
a mia alma no ensono
por vieiro iorado vai.
o herdo da nosa raza
esta mgoa de ideal;
sentir remotos degoiros,
chorar sin saber o mal.
Menia pecha a fiestra,
non deixes noite entrar;
para tebras ben abondan

SAUDADE

estas que comigo van.

11

NA OUTA
NOITE

O cho alongado do silenzo,


prdese ao longo das ruas molladas;
o seu fo dourado, fura as tebras
e tende un cabo morno s aoranzas.
a hora do valeiro, a hora dos soos,
en que na alma as verbas acochadas

12

NA OUTA NOITE

drmense no pombal do pensamento,


recollendo o seu bico baixo as azas.
Unha emocin de mar nestes instantes,
meu corazn anoitecido orballa,
e relembro o agarimo dondo e amargo
da tua cabeleira comunha alga.
No ronsel do hourizonte, brila o forno
onde tempran seu fo as alboradas,
y-engurruase a noite nun salayo
domente vai ergundose a luzada.

13

VERSOS
DO MEU
SILENZO

Ollos na noite pensantes


os das estrelas lonxanas,
que ennovelados nas tebras
trenme a tua lembranza.
Antro agarimo da lua

14

VERSOS DO MEU SILENZO

salouca o meu corazn


que aora a surrisa tua.
Por camios de luceiros
enfondados na distancia,
a tua voz sinfoniza
os ecos da mia alma.
Estou a pensar en t
e nas mias mans saudosas
ate o mesmo delor r.
Baixo a pregaria oxival
do zarco mar dos teus ollos,
afganse as mias verbas
que van pousar no teu colo.
Tan outo cal un luceiro,
porei o meu corazn

15

16 Proel

pra que alume o teu vieiro.

Segunda Parte

Midi le juste y compose de feux.


La mer, la mer toujours recommence!
Paul Valery
Cimitire
marin

18

SOL-POR

Acorado e roibo
durmase o da,
coa testa deitada
no colo da ra.
A camps beatas
no ceo bulan
rezando rosarios
Virxen Mara.
19

20 Proel

Bogando nas nubens


cara ceo an
envoltas nos ouros
do sol que morra.
Pol-o mar, as velas
eran folerpias,
que da lua aberta
nas goas caran.
Da veira do ro,
chegaban cantigas,
choutando nas leiras
molladas de risas.
Preto do hourizonte,
estrelas obrizas
frotaban os ollos

SOL-POR

tirando a perguiza.
E bicando os lonxes
as foulas ispidas
o alen nevaban
de limpas surrisas.
Un outo aturuxo
voando fuxa.
E os bosques lonxanos
noite revertan.

21

NOITE
MAREIRA

No bano xlido
do skating da ra,
voltexando ledas
esbaraban as luces da vila.

No fo da praya

22

NOITE MAREIRA

as dornas durmidas,
debruzadas carn da marea
nun soo de illas.

Nas ponlas do vento


o trebn pousado
era un moucho de negro prumaxo
que agoira os naufraxios.

Unha lua verde


penduraba no mouro silenzo
un longo surriso
de esquelete vello.

23

ABRENTE

Antros teixos pieirales


o rexoubante camio
cingue os chorosos herbales
en feixes amaecidos.

No mar dorretiuse a lua.


No peitoril da montana
est o sol a madurar
24

ABRENTE

antrunhas nubens de palla.

A campa aterecida
abre os ollios mollados,
no dondo berce do abrente
con tenro mimo dourado.

As campanas da parroquia
brincan na alma do campo
como puchos rebuldeiros
na esponxa dos toxos bravos.

No ro desperto aboya
morta a paisaxe calada
na corrente van as cores

25

26 Proel

desfeitas y-esnaquizadas.

O mozo vento mareiro


funga un cantar esquencido
que chove frores nas leiras
entumecidas de fro.

MISA DA
MAAN

Cinguen anelos ridentes


nos dedios da man,
toda de branco vestida,
pois vaise casar c mar,
as campanas da parroquia,
vella madria alden.

27

28 Proel

Os milleiros se axionllan
nunha devota oracin,
quantr-o berce das montanas
vai nacer o novo sol.

O vello rio da aldea,


madrugador e gaiteiro,
trenqueando os brancos zocos
vai a misa co luceiro.

Pol-os campos perguiceiros,


a baldada campaa
bautiza a alma da paisaxe
con choiva dauga bendita.

MISA DA MAAN

Os verdes campos sensuales


fuman o opio do da.

29

PONTE E
RO

No quente colo do da
choran nos ollos do ro
campanas que van ao mar
cun repinique de vidro.

O monte amasa na ra

30

PONTE E RO

trigo, de sol ben modo,


Pan de Deus para a paisaxe,
e nas goas roibo vio.

A corrente vai no quenlle


afinando un marmuro.
Xabonndoa con fervenzas
lvalla roupa o muio.

Romeiro pra Compostela


pasa o vieiro pelengrino,
montado ao lombo da ponte,
sin se mollar no camio.

Esta ponte un San Cristobo,

31

32 Proel

un xigante compasivo
que agarda a que outra vez vea
pol-o mundo, o Deus-menio.

Ten no da esta paisaxe,


un smbolo cristaio.
Pra camiar pol-o mundo
abrzanse, ponte e ro

O FARO

Primeira man amiga


quo emigrante estreita,
foguete debecente
nas festas da galerna.

O mar reza as suas foulas


como rosarios brancos
caron da tua cruz de luz inmovel
33

34 Proel

na noite axionllado.

Pano da derradeira despedida.


Lazario dos barcos.
Arbor decote orfo
de ponlas e paxaros.

Que como Cristo vas encol da goas


estendendo os teus brazos,
mirando pol-a vida dos que dormen,
na cruz da escurid, dependurado.

O teu ollar espalla nos ronseles


que abrino moitas proas, como arados,
no mouro alfoz das goas balbordantes

O FARO

a semente prolfica dos astros.

Encol da noite aboyan arelantes


as tuas mans de nufrago
y-es muio de lua en col da terra
movido pol-os ventos afiados.

Luar aventureiro e navegante,


funmbulo na corda do hourizonte,
masteleiro xigante do silenzo,
misa de luz diante do mar insomne

s ruleta onde o patrn


xoga o ouro da sua vida
e arpn cravado no lombo

35

36 Proel

da montana fuxitiva.

ROMAXE

Santo Cristo de Xende!


Roxa e mol terra do pan!
Na longa agulla do rio
vai enfiado o luar.

Pol-a estrada cobregante,


ate a tua porta van
de xionllos as estrelas,
37

38 Proel

para arder no teu altar.

Fuxiron as bateladas
ao despertal-a man,
antre xlgaros e merlos
pol-o bosque a rebuldar.

De lonxe a gaita grileira


chega falando co mar.
Nas risadas dos muios
vai envolveito un cantar.

Nos picheles de espadeiro


estase o sol a afogar,
domente o violn do cego

ROMAXE

somella o chiflo de Pan.

Santo Cristo de Xende!


Roxa e mol terra do pan!
Pastan as nubens na frouma
dos pieiros mais lanzals.

39

A
CANDELORIA

Na catedral do abrente
oxe csansos paxaros,
con nubens de neve e ouro
est o ceo galanado.

Ficou o da ancorado

40

A CANDELORIA

na ra donda do ceo.
Os roibens soben no lonxe
como rosarios dencenso.

O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa est arranxado no val.

Vai tocando pol-o campo


a sua zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos pieiros.

O campo as montanas ruzas

41

42 Proel

envolve en capa pluvial


co hisopo do sol mollado
dalles a beizn nupcial.

Do casebre nugalln
soben os vivas dos galos
e na festa desta noite
estrena un luar o campo.

O
GAITEIRO

Na gayola de buxo do punteiro,


canta o lrico vento beilador
do campo amaecente, envolto en nboa,
chos de verdeirol madrugador.

Os saloucos mollados da herba nova,

43

44 Proel

os baluzes esparsos do pai sol.


Pol-as mans do gaiteiro pasa o ro
das cantigas rizadas que hai no fol.

Nos ollos orballados do gaiteiro


hai romaxes sin fin, tolos de cor,
anguras magnticas do da
na sanguenta traxedia do Sol-por.

No seu xemer leva a gaita


afogado un corazn
e a alma da nosa terra
vai envolta na emocin.
Creouna o vento galego
e cando arele chorar

O GAITEIRO

todol-os ros do campo


dos seus ollos corrern.

E, no ergueito roncn da gaita celta,


todal-as curiscadas do delor,
pousaranse na frouma do seu canto,
dependuradas no choroso son.

45

O CEGO

Nas suas mans primadeirales


que unxidas de alma leva,
os seus dedos sabios fan
na mazaroca da brtema.

O corazn do campo
reza nos seus ouidos,
letanas de cores
46

O CEGO

en poemas de sodos.

Baixo a goa estremecida


do seu violn labrego,
nun salayo agoniante
latexa un sol amarelo.

Diante del, na corredoira,


o verde vento do mar,
lle ofrece a sua man piadosa
de lazario alden.

Os cadvres dos seus ollos,


que fan a sua vida trxica,
entrreaos no cadaleito

47

48 Proel

da surrisa ensanguentada.

E o probe ceguio
enloita a sua voz,
pidindo unha esmola
pol-o amor de Dios.

O
CRUCEIRO

O xesto monacal da pedra


benzoa o acougo da aldea

Axinllanse os camios
abrazados ao cruceiro,
nunha azul eternidade

49

50 Proel

de pedra e ceo.

A agona do sol-por
conmove o planto da terra,
e a paisaxe presgnase
con santas cruces de pedra.

A campaa de prata
do da,
latexa un ngelus
de epifana.

E o sol agoniante
ven a encravarse na cruz,
abrindo os marelos brazos

O CRUCEIRO

como o salvador Xess.

51

FOGUETE

Rube o foguete s outuras


facendo sega de estrelas
Dourad ooutono de gachos!
colleita das luces secas!

Como pedradas os tira


o labrego fogueteiro,
escachando con estrondo
52

FOGUETE

o vidro do outo ceo.

Beira do ro, os tellados


emprranse a coller canas,
e con medo de rapaces,
engorripan as espaldas.

No queipo do val caran


xa serodios, os luceiros,
como os acios de albario
nas vendimas do setembro.

Al, no lonxe da ra
o alden vento mareiro,
botando escumas de foulas,

53

54 Proel

arremeda ao fogueteiro.

LAR

Anda a choiva no tellado


como unha galia choca,
que nesta noite ficara
do poleiro porta afora.

Con arelanzas de lobo


o vento abanea as portas
e oubea doidamente
55

56 Proel

nas tebras molladas, fondas

Al xunto da cocia
oise o menio que chora,
aterecida de medo
sua voz no silenzo aboya.

As mans abuadas da choiva


baten nas costas do mar
e con leda brincadeira
a foula canta un cantar.
Aceiteira
Vinagreira
Chascorrs

ENTERRO

Rosario de salayos
na lama do camio
a pur do morto arastro.

Os sinos sachaban
no camposanto
terra mollada.

57

58 Proel

No fro silenzo
caiu a pedrada
do cadaleito.

Bicaron ao morto
os beizos mollados
do ceo doutono.

Ficaron as bgoas
e as despedidas
tamn enterradas.

Terceira Parte

A
MAN
DE
CORPUS

Pol-a maan de ben cedo


colmeas douro, as campanas,
espallan o fulvo enxame
de viaxeiras badaladas.

60

A MAN DE CORPUS

Cheiran a xardn as ruas,


alamedadas de rosas.
No r chilan andurias
como nenos sin escola.

Pol-a ra, van as dornas,


moceiras, engalanadas.
O sol manso boy bermello
pasta no verde das goas.

As cres do arco da vella


ferven na Danza de Espadas.
Na goa dos tamboriles
aboya unha ribeirana.

61

CANZN
DO
TEMPORAL

Os berros dos mazaricos


rachan as sedas do mar
no carro das mouras nubens
ven do sur o temporal.

62

CANZN DO TEMPORAL

Nas barras e nos peiraos


rompen as foulas cristadas
de lostregos azuados
das estrelas afogadas.

Pxose o ceo de loito


pol-os que van afogar.
As centellas como trallas
baten no lombo do mar.

63

TABERNA

Chove fora. Nas pozas


aboya a luz do gas.
Na lameira da rua
entrrase un cantar.

Marieiros de Amberes
de Cork e Rotterdam
O acorden borracho
64

TABERNA

fala ingls, alemn

..................
Na folla do coitelo
fuxe a luz cal no mar.

65

NOCTURNO
DE
BURGO
BAIXO

Ennovelados no fulgor da lua


os faroles nas pozas aluciantes,
co xesto recadado do asesino
lavan as longas mans cheas de sangue.

66

NOCTURNO DE BURGO BAIXO

Pol-as ruas eivadas desprunaba


o albar riola das fuxidas horas.
O tempo foi deitarse antras montanas
no leito branco e mol das nubens mortas.

No silenzo hai un crimen inconfeso


a noite ten o corazn fendido
dos seus ollos cegados pol-as tebras
escoa a vida nun xemer de ro.

67

CAMPANAS

Quixera baar
o meu corazn
no morno lirismo
dun rayo de sol.

68

ALALAS

Son lostregos do verde mollado,


que aturuxan nas ponlas dos pinos
pregoando a chegada do da,
os tremantes cantares dodos
que maina acompasa
a chorosa fuxida do ro

A alma do campo choraba nos ceos


69

70 Proel

unha sonatina de violoncellos.

CALOR

No vulturno acorado da sega


a ra debulla
mazorcas de sol.

O vento mareiro silenzoso chega,


a durmir a sesta
no cspede mol.

71

EPIFANA

No queipo de vimio
o neno labrego
era un roibo Xess pequenio.

72

O QUE
MORREU
NO MAR

Tia doce netos


aquel marieiro,
todos eles caben
debaixo dun cesto.

73

SPLEEN

O da amarelo
aboyaba morto
nas goas do ceo.

74

CALMA
CHICHA

As ruas amarelas
con perguiza de bois
levaban deico mar
quentes feixes de sol.

75

BEIRA

O mar borracho de sol


anda a tombos pol-a praya,
a montana lavandeira
bota areales nas goas.

76

NOITE

A cibdade pesca a ardora


e diante da sua rede
de luces douro tomado
fuxe a lua como un peixe.

77

GLOGA

Mama o campo oxe


leite de campanas,
para l monxe o crego
quentes bateladas.

78

AFOGADO

A goa tan serea


como o ceo quedou,
mais aboya a luz da lua
o cadavre da sua voz.

79

FOY FEITO O PRESENTE LIBRO


NO ANO DE 1924
E ACABOUSE DEMPRENTAR NOS
TALLERES
DO DIARIO DE PONTEVEDRA
POL-OS PRIMEIROS DIAS DO MES DE
SAN XOAN DE 1927.

80

Lus Amado Carballo


Lus Amado Carballo nace en Pontevedra no
1901. Estuda Filosofa e Letras e faise mestre
de escola, dedicndose tamn ao xornalismo.
A sa existencia transcorre practicamente
toda na cidade natal. Os arredores de
Pontevedra e a paisaxe marieira do interior
da ra van estar moi presentes nos seus versos.
No ano 1925 declreselle unha doenza que
dous anos mis tarde acabar coa sa vida.
Deste modo, unha das voces mis
prometedoras da lrica galega non puido
deixarnos unha obra rematada e madura, xa
que a sa curta vida non lle permitiu
amosarnos tdalas sas posibilidades
creativas.
Amado Carballo comeza a sa andadura
literaria con das narracins curtas: Maliaxe
(1922) e Os pobres de Deus (1925); nesta ltima,
mestura idealismo e realismo, con certos

81

82 | Proel

acentos humorsticos, na que se observa o


influxo de Valle Incln.
Como poeta publicou en vida un s libro: Proel
(1927); e postumamente apareceu O galo
(1928).
Fronte ruptura que representa a obra de
Manuel Antonio, a poesa de Amado-Carballo,
tamn influda polas vangardas europeas e
americanas, mestura imaxes de raz
vangardista
con
metros
e
ritmos
populares ou de apariencia popular para
as ofrecernos unha visin plstica e animada
da paisaxe. A sa poesa especialzase na
temtica paisaxstica, predominando o campo
sobre a maria. Na descricin que nos ofrece
da paisaxe, o elemento humano case
desaparece, humanizando en troques o
inanimado. De a que poidamos conclur que
toda a sa obra unha busca da humanizacin
da paisaxe. Todo isto lgrao mediante unha
pintura impresionista cargada de grande
riqueza de cores amables, o que lle d s sas
composicins un aire sensorial e ldico que

Lus Amado Carballo | 83

conecta directamente
vangarda.

coas

escolas

de

Se Manuel Antonio vai crear os seus


poemas mediante xustaposicin de imaxes,
rompendo a estruturacin estrfica, Amado
Carballo obtn poemas ben vertebrados, con
mtricas e rimas conservadoras, pois
predominan na sa obra os versos
octosilbicos con rima asonante. Nunca
prescinde do ritmo musical nin usa o
versolibrismo. O que mis destaca da sa
potica o gusto pola metfora, posto de
moda polo movemento ultrasta.
Amado Carballo, un dos poetas mellor
dotados das vangardas galegas, viu a sa obra
tronzada de toda posible evolucin pola morte
temper. Pero o seu xeito de facer poesa non
desaparece coa sa morte, senn que se
prolonga nunha serie de autores mesmo
despois da guerra civil, nos anos da
recuperacin cultural.

You might also like