You are on page 1of 2

Qué pequeniña que son aquí, no fondo do pozo. Case non se me ve.

Terás que poñerte


na punta dos pés, estricarte para ollarme. ¿Pero por que habías de facelo?, ¿facer un
movemento por min?, ¿por qué? Só son un ser prescindible e insignificante pousado no
fondo dun cráter cos ollos mirando para o alto, cara ó oco de luz que un maldito día me
emprestaches e eu pensei que era o sol. Tanta luz me daba, tanto me quentaba.

E dende aquí do fondo chámote sabendo que non vas acudir, non vas vir, non has estar,
porque nunca estás cando te preciso. Vida ou morte, ¿Qué mais dá? Es doutras latitudes,
outros mares te reteñan atrapado en coordenadas nas que te enguedellaches un día sen
saber que eu era o teu nó e esperaba ser atado. Agora fico, monllo estarrecido, sen un
vimbio que me prenda pola cintura, manchea sen man.

E quero ver aparecer a túa cara polo oco do meu pozo, quero que me tendas a man e
digas que vés por min. Quero que me saques esta dor de ollos e de brazos estricados
cara ó alto, que me alivies esta voz rouca de chamarte. Non me deixes soa outra noite
mais, encollida no fondo do pozo, apertando os xeonllos contra a cara para tapar os
saloucos, destemida das feras, presa das alimañas.

Non me deixes soa outra noite en que me amarás en soños, porque acordarei coa túa
imaxe pegada por tras das pupilas, sen outro mundo que ver. Non me deixes. Volve por
min e mínteme, dime que vés buscarme para arrolarme nos teus brazos, para morder a
miña boca porque tes sede infinita de min. Dime que te arregaña a fame de posuírme,
que só nos fartemos de nós mesmos, nada máis ca nós somos o noso propio alimneto,
que nada agás eu é capaz de saciar as túas ganas.

MÍNTEME.

DIME.

Negareite se for preciso, negareite tantas veces. Ata que na lingua se me fagan nós de
fraude, lazos de decepción, ata enforcar o teu nome. Negareite tantas veces como
queiras, ata cansar direi que non eras ti.

Intentarei enganarme,

extraviarme,

perderme por camiños falsos mentres repito que non es.

Darei voltas e voltas por este deserto de areas vindas dos teus dedos.

Buscarei sen nomearte e ás caladas, chegarei un día traizoeirae salferireite co meu


veleno.

Serei unha árbore torpe de raíces moi chantadas, enroladas na túa terra.

E, cega na escuridade do cráter esperareite sempre, ata que o tempo se perda e xa


ninguén teña présa por min.
Esperareite cega, xorda e muda, anestesiada do mundo e das persoas, cos sentidos
suspendidos coma unha poalla estúpida que xira por riba de min en nubes preñadas e
negras.

E pido contaminarme contigo, que coma un gas pernicoso penetres nos meus pulmóns e
me respires por dentro.

Esperarei a que me emprestes osíxenos limpos dos que te devolven á vida, agarderei que
veñas traendo carrozas de aire para envolvernos con elas.

¿¿VIDA OU MORTE?? QUE MÁIS DÁ.

MÍNTEME

DIME

You might also like