You are on page 1of 6

AMALIA

( Sabela Rodríguez Blanco)

Vilagarcía de Arousa, outubro de 1939.

Eran as 12 do mediodía cando cheguei á casa. Á porta agardábame o meu pai


con impaciencia.

- De onde vés?
- Xa sei que non lle gusta que saia, meu pai, pero é que veño de facer un
recado…
- A iso che ensinei eu? A que me respondas?
- Pero se non lle respondo…! Ben sabe vostede que eu procuro obedecerlle en
todo, incluso cando non ten razón…
- Ai, si? E cando se supón que non teño eu razón?
- Pai, quero ir a unha escola de música…! -supliquei.
- Xa che dixen mil veces que non quería volver falar diso.

Estaba enfadado, podía velo nos seus ollos. Pero tiña que insistir. Aínda que
sabía que as posibilidades de que cedera eran mínimas, no máis fondo do meu ser,
mantiña a esperanza. Así pois, decidín tirar do fío.

- Pero pai, levo cinco meses cruzada de brazos dende que rematei o Bacharelato
coas monxas…
- Outra vez coa mesma canción? Bastante fixen xa deixándoche estudar o
Bacharelato.
- Pero…
- Pero nada!!! O normal é que unha señorita aprenda cousas útiles coma labores
do fogar, cultura xeral…

Nada, que a teimudo non lle gañaba ninguén.

1
- O que a min verdadeiramente me gusta é tocar o saxofón. Ademais, se esas
cousas que vostede di son tan útiles, non entendo por que non as estuda tamén
Armando.
-Porque o teu irmán é un home, Amalia! Un home!!
- E por iso el pode estudar e saír cando lle pete?

Non quixen escoitar a súa resposta. Saín enfadadísima cara ao meu cuarto, e, por
efecto da ira, dei un portazo. Entón, chorei un mar de bágoas. Meu pai era especialista
en sacarme de min. Co teimudo que era, ás veces incluso me facía pensar que quizais
tiña razón; que ao mellor as mulleres eramos inferiores aos homes; que tiñamos que
agochar a cabeza e someternos a eles coma parvas sen poder manifestar as nosas ideas e
pensamentos… Pero ata neses momentos había algo en min que me dicía que as cousas
non eran así.
Eu o único que quería era estudar a carreira de saxofonista. Había algo malo
niso? Acaso era algo malo o querer saber? O querer prepararse e ser unha persoa culta?
Eu creo que non. E sentíame tan capaz de facelo coma calquera home. Nunca entendín a
limitación á que se ven sometidas as mulleres. Admirei dende nena seres como Rosalía,
María Pita…, sobre as cales lía e relía naquel libro que atopara no faiado do meu avó,
que fora mestre de escola. Pero o que máis me emocionaba era lembrar que a miña
antepasada Teresa Bouchet chegara a participar en varias exposicións coa súa pintura.
Eu soñaba sen parar con seguir os seus pasos…
E é que para min o saxofón era máis que un simple instrumento. Era coma un
amigo que sempre estaba aí; un amigo que fala sen falar…Como recordo aquelas frías
tardes de inverno nas que o meu avó, tan sabio coma maior, acariciaba cos seus
enrugados dedos de ancián aquel curvado instrumento que tanto chegou a fascinarme.
Porque o meu avó, sabede, comezara a súa mocidade sendo músico de orquestra polas
festas de Galiza. Velaí o meu amor polo saxofón. Porque, cando eu o toco, esquézome
de todo e entro nun mundo sen principio e sen fin, cheo de esperanzas e ilusións…

- Miña rula, acaba de vir a túa amiga Remedios -dixo miña nai dende o outro lado
da porta.
- Pasa, Reme, pasa…

2
Remedios era a miña grande amiga da alma.Tiñamos a mesma idade, e, polo tanto,
sempre cursaramos na mesma clase. Cunhas notas excelentes, Remedios empezara a
traballar de mestra nunha pequena escola de Pontevedra nada máis rematar o
Bacharelato comigo. Sempre me sabía escoitar, xa que compartiamos as mesmas ideas.
Iso si, en canto ás afeccións, ela decántabase máis pola pintura.
Abrín a porta e deixeina pasar.

- A túa nai estaba moi preocupada. Disque volviches rifar co teu pai.-díxome.
- O que a miña nai é, é unha exaserada. Pero si, como xa imaxinarás foi polo de
sempre.
- Pois… nese caso páreceme que non volverás discutir con el por moito tempo
-dixo cun aire misterioso.
- Que queres dicir con iso?
- Cóntoche: souben na escola na que traballo que veu para a zona un home a gañar
a vida como profesor, impartindo clases para adultos de todo tipo de actividades
culturais: ensina pintura, idiomas, e, entre outras cousas…música. Disque o home é
estranxeiro e que algunha vez coqueteou coas ideas anarquistas; pero éche moi salado, e
parece saber ben do que fala. Sei que non é exactamente o que ti querías, pero é máis do
que esperabas. Dime - fixo unha pequena pausa- …que che parece?

Quedei apampada. Esta Remedios sempre che sabía como animarme. Sen poder
controlar a miña ledicia, deille un bico.

- Que que me parece? E aínda mo preguntas? Estou desexando comezar esas


clases. Cando empezan? A que hora son?
- Ei, ei, acouga. Os teus pais deixarante?

O meu gozo nun pozo…

- Pois sabes que che digo? Que non lles vou dicir nada.

E así o fixen. Malia saber perfectamente que os meus pais non me consentirían

3
acudir a aquelas clases, eu estaba decidida. Estaba xogando con lume, era consciente
diso, mais esta sería seguramente a única oportunidade que se me presentaría para poder
cumprir o meu soño. Non a podía rexeitar. De ningunha maneira.
Ao día seguinte acordei ben cedo por mor da impaciencia. Pasara unha mala
noite, pero este día sería algo novo na miña vida. Así que alá fun. Pola rúa aínda se
podían contemplar restos da terríbel guerra que acababamos de sufrir. Fose onde fose,
mirase onde mirase, as casas destruídas abundaban no terreo, e, en cada recuncho,
familias desnutridas sen fogar e sen alimento….
A verdade é que axiña me afixen ao saber daquel profesor, con quen conxeniei á
perfección dende o primeiro momento. Non obstante, naquelas clases sentinme máis
dunha vez observada con estrañeza: as rapazas da miña idade, veña a prepararse en
piano e en canto, e eu…ó saxofón. E que ben se me daba! …

Vilagarcía de Arousa, 8 de marzo de 1978.

Veciños e distintas asociacións culturais xunto coas maiores autoridades,


reúnense na praza maior da cidade. Toma a palabra o señor alcalde:

Queridos cidadáns:
É un gran motivo de satisfacción que nos reunamos aquí para honrar a
memoria de Amalia Robles Veiga, agora que se cumpre o noveno aniversario do seu
falecemento.
Dona Amalia, como todos vostedes saben, enriqueceu a vida cultural e social
deste país. Logo de rematar o Bacharelato, conseguiu, con moito tesón, estudar a
carreira de Música converténdose na primeira saxofonista de España. Logrou despois
con enormes dificultades sacar unha praza no Conservatorio Superior de Madrid, ata
que se trasladou ó de Vigo, que era a súa maior ilusión. Paralelamente aos seus
estudos de música, Amalia loitou con gran afán polos dereitos das mulleres: organizou
varias asociacións clandestinas contra o machismo, creou un espazo onde impartiu
clases a mulleres con recursos limitados e mesmo liderou unha revolta de mulleres
traballadoras que a levou ó cárcere. Alí mesmo, Amalia continuou o que era un deber

4
para ela ensinando a ler ás reclusas, organizando funcións teatrais e, por suposto,
facendo o que verdadeiramente lle apaixonaba: tocar o saxofón. O cancro apoderouse
dela. Pero dela quédanos o exemplo, o exemplo no querer, no poder, no facer. Por iso,
e xa para rematar, teño a ben comunicarlles que a corporación deste municipio
acordou honrar o súa persoa dedicándolle unha praza da cidade: A Praza “Amalia
Robles Veiga”.

FIN

Asinado: Lúa chea.


Ourense, maio 2011

5
6

You might also like