You are on page 1of 5

9/2/2017 “O traballo das asociacións culturais na emancipación de Galicia merece ser recoñecido' ­ Praza Pública

Luns 30, Abril 2012 | Cultura |

“O traballo das asociacións culturais na


emancipación de Galicia merece ser
recoñecido"
Montse Dopico | @montsedopico

Chamábanlle a Campaña do peso. A Asociación Cultural O Galo impulsou unha colecta


popular, peto de barro en man, para recadar fondos e poder así recoñecer, co Premio
Castelao, a mellor obra de teatro en galego. Foi un éxito, e a marca bateuna o grupo de
Pontevedra. No Diario de Pontevedra publicáronse dúas entrevistas en galego sobre o
tema. Radio París dedicoulle tamén un programa. E en poucos días a Tino Caamaño, cuxo
nome saíra varias veces, chegoulle un recado ameazante da Xefatura da Falange.

Así estaban as cousas a primeiros dos anos 60. O galardón, creado no 1963, nacera en
resposta á marxinación do galego nun certame de teatro que organizaba o Sindicato
Español Universitario (SEU), no que se admitían as outras tres linguas do Estado. O fallo
do Premio Castelao converteuse nun acontecemento cultural no que participaban boa
parte dos principais nomes do galeguismo, cunha cea literaria que se celebraba no
Hostal dos Reis Católicos, en Santiago.

O Galo foi o primeiro, pero houbo moitos máis. Nas últimas décadas do franquismo
desenvolveuse un moi activo asociacionismo cultural en Galicia, que o Consello da
Cultura e a Fundación 10 de Marzo analizan na exposición Un canto e unha luz na noite. O
Museo do Pobo Galego acolle esta mostra, comisariada por Ricardo Gurriarán, ata o
vindeiro 13 de maio. Máis de vinte mil documentos, a maioría gardados polos que foron
os directivos das asociacións ou por coleccionistas, foron escaneados para elaborar este
proxecto, para o que tamén se realizaron vinte entrevistas persoais.

O campo fora aboado por iniciativas anteriores, como a editorial Galaxia. “As minorías
compostelás, case todas elas formadas por estudantes universitarios, manteñen
contacto permanente con Ramón Piñeiro nuns casos, co arqueólogo, etnógrafo e poeta
Fermín Bouza Brey e co pintor Carlos Maside noutros, dando saída algúns deles aos seus
escritos nas páxinas do xornal santiagués La Noche”, conta Manuel Caamaño no libro-
catálogo que complementa a exposición.

Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos
usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/778/lo­traballo­das­asociacions­culturais­na­emancipacion­de­galicia­merece­ser­reconecido/ 1/5
9/2/2017 “O traballo das asociacións culturais na emancipación de Galicia merece ser recoñecido' ­ Praza Pública

usuarios.
No 1958 xurdira en Madrid o grupo Brais Valedos creadores de O Galo, Antón
Pinto. Un
Santamarina, subliña como antecedente os “minervalistas” de finais dos 50: Méndez
Ferrín, Ramón Lorenzo, Franco Grande, López Nogueira, Rodríguez Mourullo e outros que
sen seren concursantes ás Minervais formaban parte do cenáculo político-literario: Xosé
Manuel Beiras ou Gustavo Docampo. O paso para fundar o Galo deuse -lembra
Santamarina no libro antes citado- coa xeración seguinte: Xulio Maside, Ventura Cores,
Salvador García-Bodaño, Aurichu Pereira ou Mercedes García.

Noutra exposición que precedeu á organizada agora polo Consello da Cultura, O Galo
lembraba así a súa fundación: “Intereses e arelas comúns eran as súas armas intelectuais
para materializar expectativas artísticas e culturais con ánimo de chegar á sociedade
galega, fóra da tutela e o “control” do holding Galaxia, como xa tiña acontecido con
grupos como Brais Pinto en Madrid. Non hai que esquecer a proposta que lles fixera
Piñeiro de organizar asociacións de Amigos de Galaxia, que non tivera éxito organizativo
entre a mocidade”.

O Galo iniciou a súa andaina no 1961. E despois viñeron A Agrupación Cultural O Facho
na Coruña, -aínda en activo, como O Galo-, a Asociación Cultural de Vigo, o Club Cultural
Valle-Inclán en Lugo, a Asociación de Amigos da Cultura en Pontevedra, a Agrupación
Cultural Auriense en Ourense, o Ateneo de Moaña, a Agrupación Cultural Abrente de
Ribadavia, e xa nos 70 a asociación Francisco Lanza en Ribadeo, Sementeira en Viveiro,
Castelao en Monforte, Os Cigurros na Rúa, Avantar no Carballiño, Alexandre Bóveda na
Coruña...

A Lei de asociacións de 1964 abrira un oco -malia que establecía que os principios de
calquera colectivo debían estar “de acuerdo con las normas inspiradoras del Movimiento
nacional”- que os galegos souberon aproveitar. Cóntao no libro que acompaña á
exposición Henrique Harguindey: eran os tempos do que algúns chamaban, con retranca,
a “dictablanda”, pero a represión non rematara. “Entre censura, dificultades
administrativas, prohibicións, control policial e unha serie de intimidacións que
constituían o pano de fondo moitas veces oculto, comezou O Facho a súa andaina”,
apunta.

“Este asociacionismo deixou un impresionante froito cultural en Galiza. Iso xa sería


abondo para que figurase remarcado na nosa historia contemporánea. Pero, ademais,
por mor das circunstancias e ante a prohibición dos partidos políticos e a falta de
liberdades, desempeñou un papel decisivo no avance sociopolítico do pobo galego. O
nacionalismo, reconstruído na clandestinidade pouco despois de nacer O Facho, atopou
nas asociacións culturais galeguistas o osíxeno que necesitaba”, asegura Harguindey.

Tamén María Dolores Villanueva sinala que nestes colectivos participaron persoas que
despois serían líderes ou integrantes de POG, PSG ou da UPG. Camilo Nogueira foi
presidente da Asociación Cultural de Vigo, como despois Ferrín. Unha das achegas deste
colectivo foi o programa de radio en galego Raíz e tempo. “Na emancipación nacional e
Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos
usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/778/lo­traballo­das­asociacions­culturais­na­emancipacion­de­galicia­merece­ser­reconecido/ 2/5
9/2/2017 “O traballo das asociacións culturais na emancipación de Galicia merece ser recoñecido' ­ Praza Pública

usuarios.
social de Galiza, o traballo de todas as Vale
asociacións culturais, das persoas lembradas e
doutras moitas que viviron estas circunstancias merece ser recoñecido”, sostén Nogueira.

COA TÚA ACHEGA FAS POSIBLE QUE SIGAMOS PUBLICANDO NOVAS COMA ESTA.

OUTRAS NOVAS RELACIONADAS:


Venres 24, Xaneiro 2014 | Cultura |
Un facho aceso 50 anos

Lapelas Versión despregada

A actividade: economía, política e cultura A dinamización do teatro ou a música

“Non era infrecuente que nos rexistrase


a policía”
O Galo comezou a súa actividade cunha exposición de pintura galega que abriu
Vicente Risco cun relatorio sobre Galicia e a revolución estética. As clases de galego,
a Escola Galega de Teatro, grupos de música e danza ou ciclos de conferencias
foron outras das propostas máis salientables da programación desta asociación
compostelá, que tivo unha ampla participación na vida universitaria da época. En
Lugo fundouse no 66 o Club Cultural Valle-Inclán. Xesús Alonso Montero sitúa na
tertulia do café Méndez Núñeza a orixe de moitas actividades como a celebración
dun “reivindicativo” Día das Letras no 63. 

O Facho celebrou na Coruña -a terra de Cova Céltica ou das Irmandades da Fala-


cursos de galego, recitais de poesía, ciclos de conferencias, grupos de teatro,
concursos de contos ou exposicións. A andaina desta asociación comezara tras
unha convocatoria realizada a través dos medios de comunicación, despois da
creación, por parte da Academia Galega, do Día das Letras. A Asociación Cultural de
Vigo impulsou iniciativas como relatorios sobre política e economía, concertos ou
campañas en favor do uso do galego. “Non era infrecuente que nos rexistrase a
policía, nos chamasen a declarar ou nos impuxesen multas”, salienta Camilo
Nogueira no libro da exposición.

En Pontevedra naceu Os Novos, agrupación que non contou coa autorización do


Ministerio de Gobernación. Xermolou despois o Ateneo. En Ourense xurdiu a
Agrupación Cultural Auriense, que segundo o relato que achega Afonso Vázquez
Monxardín, evolucionou cara ao “soberanismo antiautonomista e rupturista”, o cal
fixo que membros do antigo PSG se fosen afastando. No Ateneo de Ourense
confluíron persoas que procedían de distintos colectivos, -malia que a proposta de
Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos
usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/778/lo­traballo­das­asociacions­culturais­na­emancipacion­de­galicia­merece­ser­reconecido/ 3/5
9/2/2017 “O traballo das asociacións culturais na emancipación de Galicia merece ser recoñecido' ­ Praza Pública

crealo viñera do propio Ministeriousuarios. Vale e Turismo, daquela con Manuel


de Información
Fraga á cabeza-.

Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos
usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/778/lo­traballo­das­asociacions­culturais­na­emancipacion­de­galicia­merece­ser­reconecido/ 4/5
9/2/2017 “O traballo das asociacións culturais na emancipación de Galicia merece ser recoñecido' ­ Praza Pública

usuarios. Vale

http://praza.gal/cultura/778/lo­traballo­das­asociacions­culturais­na­emancipacion­de­galicia­merece­ser­reconecido/ 5/5

You might also like