You are on page 1of 8

Agrupamentos específicos de 1º da

ESO

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E


LITERATURA

IES CASTELAO (VIGO)


CURSO 2018-2019
Agrupamentos específicos: 1º da ESO
PRIMEIRO CURSO da ESO

O Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos


centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia recolle, entre as medidas de
atención á diversidade nas ensinanzas da ESO, a creación de agrupamentos flexibles
para apoiar ao alumando con dificultades xeneralizadas nas aprendizaxes das materias
instrumentais básicas. Está catalogada como unha medida de atención á diversidade de
carácter organizativo. Por iso, a programación da materia de Lingua e Literatura
Galegas para o agrupamento que se creou no primeiro curso da ESO ten que contemplar
os mesmos obxectivos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe que a dos
grupos ordinarios de referencia. As diferenzas deben estar no tratamento dos contidos e,
sobre todo na metodoloxía.

Tendo en conta que unha das características fundamentais desta medida é a flexibilidade
e tamén a transitoriedade, o Departamento, en canto o profesor encargado detecte que
un certo alumno (ben pola súa actitude ou ben polas súas graves carencias) non está a
aproveitar a medida, proporá a súa saída inmediata do grupo e a entrada doutro no seu
lugar.

Este curso 2018/2019 o Departamento de Lingua e Literatura Galegas impartirá o


agrupamento de 1º da ESO.

Obxectivos
a) Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade,
social, cultural e académica.

b) Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos


distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o
diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais.

c) Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos


distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.
d) Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e
analizar información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbito
académico.

e) Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de
enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.

f) Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as convencións


de cada xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os recursos
estilísticos.

g) Extraer a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais sinxelos de


distintos ámbitos, seguindo instrucións para realizar tarefas guiadas de
aprendizaxe.

h) Elaborar narracións e descricións seguindo un modelo, así como outros textos


sinxelos propios da vida cotiá, das relacións sociais e dos medios de
comunicación. Planificar e revisar os ditos textos coa axuda do profesorado
aplicándolles normas básicas de adecuación, de coherencia, de cohesión, de
corrección e de precisión léxica.

i) Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para


resolver problemas de comprensión.

l) Observar os condicionamentos máis evidentes da valoración e uso social do


galego e utilizar a lingua galega con fluidez e normalidade nos máis diversos
contextos comunicativos.

m) Ler con regularidade obras literarias e desenvolver criterio lector; expoñer unha
opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relacionando o seu
sentido coa propia experiencia.

n) Participar de maneira activa na creación de textos de intención estética tomando


como modelo os lidos e comprendendo os recursos a empregar.
Temporalización
Para este curso de 1º da ESO utilizarase como material base o libro dixital E-Dixgal de
Lingua Galega e Literatura. Este libro está dividido en 12 unidades que van traballando
os contidos dos cinco bloques do currículo relacionados coas competencias clave, así
como os criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe correspondentes.

En cada avaliación procurarase traballar catro unidades do libro, pero dadas as


características do grupo, haberá que adecuar o desenvolvemento da materia ao ritmo do
alumnado temporalización prevista é a que presentamos a seguir:
 1ª avaliación: unidades 1, 2, 3 e 4
 2ª avaliación: unidades 5, 6, 7 e 8
 3ª avaliación: unidades 9, 10, 11 e 12

Secuenciación de contidos, criterios de avaliación, estándares de


aprendizaxe e competencias clave
Os contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe para 1º da ESO
aparecen especificados a partir da páxina 18 desta programación. O alumnado do
agrupamento debe seguir as mesmas pautas que o grupo de referencia, pero
flexibilizando os ritmos da aprendizaxe.

Grao mínimo de consecución dos estándares de aprendizaxe


para superar a materia
Dado que os estándares de aprendizaxe non son illables na maioría dos instrumentos e
procedementos de avaliación -en función tamén da intersección dos cinco bloques- pois
forman parte dun ou varios criterios aplicables a estes, non se establecerá un grao
mínimo de cada estándar un por un, senón que se indicará o conxunto de estándares
mínimos que hai que cumprir cunha nota positiva para superar a materia, tanto na
convocatoria ordinaria de xuño como na extraordinaria de setembro. Para este curso son
os seguintes:
Bloques 1 e 2. Comunicación e expresión oral e escrita:
 Exprésase oralmente con corrección e fluidez, adaptándose ás diferentes
situacións comunicativas.
 Exprésase por escrito correctamente, utilizando os procedementos básicos de
coherencia e cohesión e de composición, aplicándoos á produción de textos de
diferente tipoloxía (narración, descrición e diálogo) e á realización de
exposicións orais planificadas, individuais ou en equipo.

Bloque 3. Funcionamento da lingua:


 Domina as normas de acentuación e ortografía.
 Recoñece os constituíntes da palabra e das clases de palabras (determinantes,
substantivo, adxectivos, pronome, verbo, adverbio e preposición).
 Sabe adecuar as estruturas morfolóxicas e sintácticas ás producións propias.
 Adquire novo léxico mediante a utilización do dicionario e das TIC e mediante
a realización das actividades do vocabulario temático correspondente a cada
curso.

Bloque 4. Lingua e sociedade:


- Coñece a diversidade lingüística e cultural da Península Ibérica e valora a nosa
lingua como elemento de identidade colectiva e da riqueza da diversidade
lingüística e cultural.
- Coñece e diferencia os niveis e rexistros da lingua.

Bloque 5. Educación literaria:


- Sabe facer un resumo oral/escrito de textos literarios.
- Comenta textos de diferentes xéneros literarios, recoñecendo os seus elementos
estruturais e a funcionalidade dos recursos estilísticos básicos que nos permiten
diferencialos.
- Interpreta e analiza o libro de lectura obrigatoria correspondente a cada
avaliación, emitindo xuízos fundados sobre aspectos formais e temáticos.
- A superación destes contidos mínimos será valorada aplicando os instrumentos e
criterios de avaliación e cualificación establecidos para este nivel.
Criterios de cualificación e promoción
Os criterios fundamentais sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumno ou
alumna deben partir dos establecidos no currículo respecto dos contidos e os seus
respectivos estándares de aprendizaxe.

O profesorado tomará nota da información parcial de como os alumnos van alcanzando


os distintos obxectivos a través dos exercicios, tarefas, traballos, exposicións e exames
para poder ponderar unha nota global de cada un deles segundo os criterios de
cualificación particulares de cada instrumento e dos xerais.

Para aprobar a materia en 1º da ESO deberanse superar as probas propostas para cada
avaliación. A cualificación virá determinada polos seguintes instrumentos básicos de
avaliación e porcentaxes, tendo sempre en conta as características do alumnado do
grupo:

1. Probas escritas:
- En cada avaliación realizaranse, como mínimo, dúas probas escritas (exames)
referidas aos contidos traballados dos bloques 2, 3, 4 e 5 do currículo cos seus
estándares correspondentes.
- Valoraranse, ademais, a realización de pequenos traballos de investigación ou de
afondamento, individuais ou en grupo; exercicios escritos, textos de produción
propia e pequenos comentarios sobre distintos tipos de textos.

En cada unha delas terase en conta a corrección na expresión de acordo co que se


esixe neste nivel, podendo descontarse por faltas ata un máximo de 1 punto.

No cómputo da nota da avaliación, estas probas supoñen ata un 70% .

2. Control de lectura:
- Realizarase tamén outra proba escrita sobre o libro de lectura proposto polo
departamento en cada avaliación. No caso de que haxa alumnado repetidor e
algunha das obras escollidas fose xa lida por alguén, seralles substituída por
outra equivalente, axeitada ao seu nivel.
No cómputo da nota da avaliación, esta proba supoñen ata un 10%

3. Probas orais:
- Avaliarase o dominio da lingua e a corrección na expresión oral do alumno, de
conformidade ao que se esixe neste curso, nas súas intervencións orais
espontáneas, individuais ou en debates e coloquios, así como en intervencións
planificadas (exposicións, "podcast"...). Centraranse especialmente nos contidos
do bloque 1 e nos do 3, 4 e 5.

Quedará rexistro deste tipo de probas no caderno de notas do profesor.

No cómputo da nota, estas probas supoñen ata un 10% .

4. Traballo e actitude:
- Valorarase a participación, actitude e interese mostrado nas actividades da aula,
así como os traballos realizados de carácter voluntario propostos polo profesor.
Valórase negativamente a actitude indisciplinada, así como a falta dos exercicios
propostos para desenvolver na aula ou na casa.
- Farase un seguimento do traballo realizado na aula revisando a cada pouco o
caderno, que deberá estar ao día e ben presentado. En caso contrario, valorarase
negativamente.

Quedará rexistro deste tipo de probas no caderno de notas do profesorado.

No cómputo da nota, a actitude conta ata un 10%.

Considerarase que unha persoa acadou o grao mínimo de consecución de obxectivos e


nos estándares avaliados cando nas tarefas, proxectos, traballos, exames, exposicións
orais e demais instrumentos de avaliación obteña unha puntuación mínima de 5 sobre
10.
Se unha persoa non dese aprobado algunha avaliación ou perdese o dereito á avaliación
deberá realizar un exame global de toda a materia no mes de xuño, que coincidirá coa
realización da última proba da 3ª avaliación.

O libro de lectura obrigatoria e as actividades diversas que con el se fagan, serán


considerados parte dos contidos de cada avaliación e polo tanto materia cualificábel.

O alumnado que non supere a materia na convocatoria de xuño terá dereito á proba
extraordinaria de setembro, que incluirá os contidos de toda a materia. Se algún alumno
tivese, ademais, suspenso calquera control de lectura, deberá responder ás preguntas
correspondentes do libro fixado previamente. A nota deste exame, elaborado polo
departamento, constituirá o 100% da cualificación

You might also like