You are on page 1of 3

O Grupo Nós consegue modernizar e “europeizar” a narrativa breve (Retrincos, Cousas, Os arquivos do trasno)

e a narrativa longa (Os dous de sempre, O porco de pé e Os camiños da vida) principalmente nestes aspectos:
 Renovación lingüística, xa que pretenderon crear unha lingua culta na escrita, así, intentan afastarse do
castelán, introducen lusismos, cultismos, hiperenxebrismos e préstamos doutras linguas (sobre todo
galicismos).
 Introdución do espazo urbano e do lector implícito, dada a finalidade didáctica das súas obras.
 Renovación temática, por exemplo na crítica social (á burguesía en O porco de pé, á fidalguía en Os camiños da
vida) e na introdución da vida de ultratumba na narrativa breve (O purgatorio de don Ramiro de Otero Pedrayo,
Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros de Vicente Risco e Un ollo de vidro de Castelao).
 Renovación das técnicas narrativas, como a ruptura no plano temporal, a importancia do final e da melancolía
en Rafael Dieste, por exemplo en “O neno suicida” de Os arquivos do trasno.

O teatro As Irmandades da Fala danlle un pulo forte ao teatro concibido coa finalidade de concienciar o pobo galego de
que ten unha cultura de seu. Así o manifestan as obras didácticas: A man da Santiña e O mariscal de Cabanillas; e
A fiestra valdeira de Rafael Dieste.

O Grupo Nós “europeiza” o teatro modernizando a posta en escena, lugar en que destacan: o decorado, o
vestiario dos actores, a introdución da máscara, a presenza da música e dos xogos de luces.

O ensaio As grandes achegas ensaísticas foron as publicacións do Seminario de Estudos Galegos (1923) e as múltiples obras
escritas polos homes Nós: Dos nosos tempos de Cuevillas; Nós os inadaptados e Teoría do nacionalismo galego de
V. Risco e Guía de Galicia de Otero Pedrayo entre outras.
Comeza na década dos 50 a publicación de narrativa en galego. Neste xénero son poucas as obras que se
publican, no entanto, de grande importancia pola calidade literaria e por conseguir diversificar o xénero
narrativo nestes anos. Podemos clasificar os seus autores nos seguintes grupos:

 Escritores serodios en lingua galega: Eduardo Blanco Amor cunha literatura centrada na descrición realista e
crítica da sociedade do seu tempo (A esmorga, Xente ao lonxe). Álvaro Cunqueiro, que crea un mundo de soños
e fantasías grazas ao cal o narrador (ancián en Merlín e familia e Si o vello Sinbad volvese ás illas) supera a
soidade da súa vellez. Ánxel Fole que recrea os contos do pobo galego na montaña luguesa.

 Escritores máis novos e máis renovadores influenciados pola narrativa francesa: a Nova Narrativa Galega,
protagonizada case sempre por un personaxe antiheroe, caracterízase pola presenza de espazos claustrofóbicos,
anacronías temporais e polo obxectalismo. Destacan os autores: Rodríguez Mourullo, Xohán Casal, Méndez
Ferrín, Carlos Casares, Camilo Gonsar, Mª Xosé Queizán e Xohana Torres.

 A narrativa de Xosé Neira Vilas centrada nos problemas do mundo rural, na emigración e na crítica social como
vemos en Memorias dun neno labrego.

Teatro Neste período ten como finalidade a lectura, non a representación, por exemplo O incerto señor don Hamlet,
príncipe de Dinamarca. Nos últimos anos da ditadura faise un teatro mítico, histórico e de compromiso social, por
exemplo, Prisciliano de Daniel Cortezón.

Ensaio A editorial Galaxia consagra o ensaio en lingua galega, principalmente centrado na análise da saudade (Siñificado
metafísico da saudade de Ramón Piñeiro), na reflexión sobre o humor (O segredo do humor de Celestino
Fernández de la Vega) e sobre o apego á terra do home galego (Mito e realidade da Terra Nai de Xoa´n Rof
Carballo).
Teatro As mostras de Ribadavia (1973) acaban coa diglosia no teatro e estimulan un teatro fácil de representar: Manuel
Lourenzo, Euloxio Rodríguez Ruibal, Roberto Vidal Bolaño.
Nos anos 80 e 90 xorden as compañías teatrais que temos hoxe en día: CDG, Sarabela, Chévere, Teatro do Morcego,
Teatro do Atlántico, Factoría Teatro. Con elas diversifícase a temática e o teatro convértese nun xénero moi
heteroxéneo.
Desde o ano 2000 procúrase máis ca nunca a captación de público lector e espectador, de aí que se amplíen os
circuítos teatrais e se habiliten salas alternativas, como A Nasa, e aumenten os espectáculos teatrais na rúa e o papel
dos contacontos. A parodia, a ironía, o clown e a improvisación son as modalidades preferidas. Algúns títulos de
obras recentes son: Clownfútbol de Chévere, Tío Vania de Factoría Teatro, Illa reunión ou Hamlet do CDG.

Ensaio O xénero ensaístico diversifica a súa temática desde os anos 80, así temos ensaio teolóxico, lingüístico,
sociolingüístico e literario, ensaio histórico-nacionalista, económico e de temática medioambiental. Curiosamente o
ensaio filosófico diminuíu con respecto á década dos 50, cando ten un desenvolvemento forte grazas á Editorial
Galaxia.
Nos últimos tempos continúa a ampliación temática, por exemplo no campo da enxeñaría, da biografía ou do ensaio
memorial. Así mesmo, hai un incremento paulatino do ensaio feminista grazas a Carme Blanco, Mª Xosé Queizán ou
Mª do Cebreiro.

You might also like